Arquivos de Xaneiro, 2007

Sen Sol, Chris Marker no cineclube

 

Mércores, 31 de xaneiro, 22:00
Sen Sol (Sans Soleil, Chris Marker, Francia, 1983, VOSG)

Esta semana no Cineclube de Compostela proxectaremos "Sen sol", un dos filmes máis importantes do documentalista francés Chris Marker. "Sen sol" (1983) é un caderno de viaxes pola vida, un diario poético que vai de San Francisco a Toquio. Une documental e fición, xoga coa montaxe e recréase no mundo onírico que lle suxire a música de Mussorgski para falar dos recordos.

descarrega a programación en pdf

Chuzame! chuzame -

Comentarios (3)

A punta do iceberg

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/Goya_51519.jpg

O dereito ao canon dos autores representa só a punta do iceberg entre dous sistemas enfrontados de concepción da propiedade intelectual: para un primeiro grupo tradicional, os dereitos de autor son un dereito fundamental que debe ser xestionado a través dun intermediario (unha entidade de xestión) para facelo efectivo; para un segundo grupo, fundamentalmente vinculado a Internet, a propiedade intelectual debe cumprir, ante todo, unha función social, e a existencia das entidades de xestión supón a estrutura institucionalizada coa que se oculta o sistemático roubo dos dereitos dos autores.

Javier de la Cueva (avogado coordinador do Proxecto da Demanda contra o canon)

***

Ler o artigo completo en pdf

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Ivens+Birri no Cineclube

No se puede mostrar la imagen “http://www.geocities.com/cineclube_compostela/xaneiro.gif” porque contiene errores.

Esta semana haberá no Cineclube de Compostela unha sesión dobre, coa proxección -o mércores 24 ás 22:00 horas- de dous documentais realizados en Latinoamérica a empezos dos anos 60'.

En primeiro lugar proxectaremos "Tire Dié", a primeira enquisa filmada realizada na Arxentina. Documental de media hora, realizado por Fernando Birri coa colaboración dos seus alumnos/as do Instituto de Cinematografía da Universidade Nacional do Litoral. O filme, gravado entre 1956 e 1958 e estreado en 1960, virou axiña referente obrigado do documental latinoamericano pois constitue o primeiro filme do continente no que se lle daba voz e imaxe ao pobo, gravando as míseras condicións de vida dos arrabaldes da cidade arxentina de Santa Fé.

En segundo lugar pasaremos "...A Valparaíso", mediametraxe realizada en Chile, polo documentalista holandés Joris Ivens. O filme, dedicado á cidade de Valparaíso, coñecida daquela dende occidente como prestixioso destino turístico, trascende axiña a postal para adentrarse nas condicións de vida dos habitantes reais de Valparaíso. "...A Valparaíso" conta ademais cun segundo autor ou colaborador, de grande importancia do historia do cinema documental. Trátase do francés Chris Marker, autor do texto que se escoita en off que contitúe unha parte fundamental do filmes. Asemade, gran parte das imaxes foron gravadas por Patricio Guzmán, -daquela mozo operador de cámara - que dez anos logo realizará "A batalla de Chile". Verbo deste filme dixo Claude Brunel:

"Maxestoso poema audiovisual sobre o porto de Valparaíso, a cidade con
corenta e dous outeiros e un prestixioso pasado, mais tamén unha ollada á
realidade social do momento, verbo da riqueza e a pobreza, a través do
leitmotiv dos elevadores.... Este filme, cuxa cantiga percorreu o mundo
enteiro, constitúe un dos cumios da obra artística de Joris Ivens"

***
Ler o texto de Fernando Birri "Que precisa o cinema arxentino"pdf
***

Mércores, 24 de xaneiro, 22:00
...A Valparaíso (Joris Ivens / Chris Marker, Chile, 1962, VO)
Tire Dié (Fernando Birri, Arxentina, 1962, VO)

Mércores, 31 de xaneiro, 22:00
Sen Sol (Sans Soleil, Chris Marker, Francia, 1983, VOSG)

descarrega a programación en pdf

Chuzame! chuzame -

Comentarios (1)

Raymundo

 

MEMORIA DE RAYMUNDO GLEYZER 

Eu non sei Raymundo, contabilizar...
Nin os días que levou
o silencio
deixando soidade,
nin o vento agoireiro que cargou
a túa imaxe de compañeiro,
de amigo,
de latinoamericano comprometido... 
Eu só sei que faltas,
que non estás
irmán arxentino,
eu só evidencio que a túa cámara:
amiga dos probes,
instrumento dos de abaixo,
xa non rexistra
a dor dos que bradan,
dos que loitan...
Ficou silandeira
nun armario,
se cadra cunha película a medias... 

Lembro Mérida o 681
A túa sinxeleza,
o teu traballo solidario,
atento á tenrura.
E lembro Bos Aires no 71,
o café da túa casa,
o proxectos amoreándose
no ollar... 
Gardo esa memoria e dóeme
esa cámara enmudecida
cunha película a medias. 
É certo que xa ninguén
poderá acalar a luz dos teus filmes
Nin os teus asasinos,
nin o silencio,
nin a soidade dun armario.
Elas fan parte
da nosa memoria colectiva,
da Historia,
da loita,
da liberación?
Nelas está viva a inocencia,
o amor ao ser humano,
o que lle doe ao inimigo...
Está o mellor de ti
E iso non morre Raymundo,
nin a bala,
nin a coitelo morre,
nin na sala de torturas 
A luz dos teus filmes
Raymundo!
luz! 

Jorge Sanjinés, Bolivia, La Paz, abril de 1985 

[Poema publicado por Cinelibros, número 5 da Cinemateca Uruguaia, en 1985. Do cineasta boliviano Jorge Sanjinés, o Cineclube de Compostela proxectou os filmes O sangue do cóndor, Así é! e Revolución. Do arxentino Raymundo Gleyzer, A terra queima, Os traidores e Mátanme se non traballo e se traballo mátanme. Tradución de Daniel Salgado].

Chuzame! chuzame -

Comentarios (7)

Programación para xaneiro

No se puede mostrar la imagen “http://www.geocities.com/cineclube_compostela/xaneiro.gif” porque contiene errores.

Mércores, 10 de xaneiro, 22:00
CCCV-Cineclube Carlos Varela (Ramiro Ledo Cordeiro, Galiza, 2005, VO)
en presenza do director

Mércores, 17 de xaneiro, 22:00
Raymundo (Ernesto Ardito e Virna Molina, Arxentina, 2003, VO)

Mércores, 24 de xaneiro, 22:00
...A Valparaíso (Joris Ivens / Chris Marker, Chile, 1962, VO)
Tire Dié (Fernando Birri, Arxentina, 1962, VO)

Mércores, 31 de xaneiro, 22:00
Sen Sol (Sans Soleil, Chris Marker, Francia, 1983, VOSG)

descarrega en pdf

Chuzame! chuzame -

Comentarios (1)