Entrevista con Joaquim Jordá
J.Jorda: "Como estou contra a propiedade,
outro tanto coa intelectual"
A revista mensual Tempos Novos publicou, no seu número de outubro, a que
probabelmente sexa a derradeira entrevista que concedeu o cineasta catalán
Joaquín Jordá. O xornalista foi o membro do Cineclube de Compostela
Aurelio Castro Varela. Velaquí un anaco:
“A. C. V.: E non fan os ‘dereitos de autor’ que o seu cinema circule enxugado,
que chegue a menos ollos?
Joaquín Jordá: Nesa leria cedo todo: só me parece ben cobrar cando se asina un
contrato, non após. Como estou contra a propiedade, outro tanto coa intelectual:
nin os dereitos de autor, nin sequera a integridade da obra, son causas lexítimas.
Non toleraría –de feito fíxeno moi contadas veces- que un produtor sobase un
traballo meu. Mais que o espectador tire un vídeo pirata ou mesmo o reedite,
mellor ou peor, nunca me dará ofendido. Debera ser todo o contrario: pagarlle
a alguén para que vexa os teus filmes e logo invitalo a unha copa.”
Tempos Novos, nº113, outubro 2006
chúzame - 
ratimir Said,
novembro 12, 2006 @ 5:55 pm
Cando poderemos atravesar o espello en Compostela?
d. Said,
novembro 14, 2006 @ 2:32 pm
A propiedade intelectual son boquexadas da besta na fin do seu ciclo.
A sorte está botada.
Ou o cinema ou Hollywood.