Novembro: Ao oeste dos camiños de ferro

Mércores 8 de novembro | 22.00
Ao oeste dos camiños de ferro (Ferruxe I)

Tie Xi Qu, Wang Bing, China, 2003

vindeiras proxeccións:
(mércores 15: Ferruxe II)
(mércores 22: Vestixios)
(mércores 29: Camiños de ferro)

***

O Cineclube de Compostela ocuparase durante todo mes de novembro da proxección dun dos filmes máis importantes do noso tempo: "Ao oeste dos camiños de Ferro", do chinés Wang Bing, dá conta da desestructuración da industria nun barrio en Shenyang. As catro partes do filme suman nove horas que se proxectarán os mércores de novembro ás 22.00 no local social O Pichel.

***

"Se hai un, e só un, filme que sintetice as formulacións e logros do novo
documentario chinés, ese é, sen dúbida "Ao oeste dos camiños de ferro"
(Tiexi Qu, Wang Bing, 2002-2003), auténtica obra mestra do movemento cuxo
visionado permitira falar a un entusiasmado Alain Bergala da "conturbadora
sensación de que este filme inaugura de xeito radical a nova era
cinematográfica". Rodado ao longo de ano e medio nun decrépito distrito
industrial de Shenyang, o filme -estruturado en tres partes relativamente
independentes e cunha duración total de nove horas- constitúe un
extraordinario fresco verbo dos efectos do desmantelamento das tradicionais
factorías da cidade e o desolado panorama social e psicolóxico dos seus
habitantes. Auténtica suma dos diferentes métodos e rexistros consagrados
para o novo documentario chinés, mais tamén da súa dimensión participativa e
do compromiso cívico, Tiexi Qu é unha obra participativa e de compromiso
cívico, Tiexi Qu é unha obra encol da cumprirá volver nos anos vindeiros".

(Alberto Elena)

***
Descarrega a programación de novembro en pdf pinchando aquí

Chuzame! chúzame -

3 Comentarios »

  1. d. Said,

    novembro 13, 2006 @ 12:49 pm

    O trávelin en tren que abre ‘Ferruxe I’ vale por cen anos de restoballos pseudoteatrais.

    A pé feito das consideracións de I. Lourido sobre a poesía de María do Cebreiro, cinema como ferramenta de pensamento.

    O demais é silencio.

  2. d. Said,

    novembro 16, 2006 @ 10:40 am

    Jean-Marie Straub e Danièle Huillet: “O único deber do que fai filmes consiste en non falsificar a realidade e abrir os ollos e as orellas das xentes co que hai, coa realidade [...] Se un filme non serve para abrir os ollos e os ouvidos das xentes, para que serve?”:

    ‘Ao oeste dos camiños de ferro’ (Wang Bing, China, 2003)

  3. c. Said,

    novembro 16, 2006 @ 12:43 pm

    “Os obxetos mortos están todavía vivos. As persoas vivas con frecuencia están xa mortas.”
    Dúas ou tres cousas que sei dela. (Godard, 1967)
    As fundicións de Tie xi e os seus obreiros venlles de suceder algo así.

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Leave a Comment