Archive foroutubro, 2006

Cidade, outubro no Cineclube de Compostela

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/godard.jpg

NUN FILME TEMOS QUE POÑELO TODO (J.L.Godard)
Eu non escribo os meus guións, senón que improviso
consonte vou filmando. Agora ben, esta improvisación só
pode ser o resultado dun traballo interior previo, que supón
unha concentración. De feito, non fago cinema unicamente
cando filmo, senón cando soño, cando almorzo, cando leo,
cando estou a falar con vostede.
Dúas ou tres cousas que sei dela é moito máis ambicioso
(que
Made in U.S.A). Á vez a respecto do plan documental,
xa que se trata dos traballos de urbanización da rexión de
París, e a respecto do plan de busca pura, xa que é un filme
no que me pregunto decote qué cousa vou facer. Abofé que
hai un pretexto, que é a vida e, por veces a prostitución en
grandes conxuntos; mais o obxectivo real é fitar unha gran
mutación.
Para min, descreber a vida moderna non é descreber,
como o fan certos xornais, os gadgets ou o desenvolvemento
dos negocios, senón fitar as mutacións.
Nunha palabra, fago que o espectador participe da arbitrariedade
das miñas decisións e da busca daquelas leis particulares
que poderían xustificar unha determinada decisión.
Por que fago este filme, e por que o fago dun xeito preciso?
Marina Vlady encarna realmente a unha heroína representativa
dos habitantes dos grandes conxuntos urbanísticos?
Decote formulo este problema. Mírome filmar e escóitaseme
cavilar. Ao cabo, non se trata dun filme, senón dun intento
de filme que se apresenta, asemade, coma tal. Sitúase, máis
exactamente, no terreo da miña busca persoal. Non é unha
historia, senón que procura ser un documento. A fin de contas,
coido que é o propio Paul Delouvrier quen debeu de me
encarregar este filme.
Por parte, o meu soño máis caro é tornar un día en director
das actualidades francesas. Todos os meus filmes constitúen
informes verbo da situación do país, documentos de
actualidade, tratados se cadra de xeito particular, mais en
función da actualidade moderna.
Volvendo ao filme verbo dos grandes conxuntos da vivenda,
o que me resultou máis incitante foi que a anécdota
que describe responde, no fondo, a unha das miñas máis enraizadas
ideas. A idea de que para vivir na sociedade parisina
de hoxe un vese na obriga, ao nivel que for, de se prostituír
dun xeito ou de outro, ou a vivir de acordo con leis que lembran
as da prostitución.
No curso do filme –no seu discurso, é dicir, no seu curso
discontinuo- sinto desexos de o facer todo, respecto dos
deportes, a política ou mesmo a venda de comestíbeis. Por
exemplo creo que un home coma Edouard Leclerc é alguén
de certo apaixonante, e gustaría moito de facer un filme verbo
del ou con el. Nun filme hai que poñelo todo. Cando se me
pregunta por que falo ou fago falar do Vietnam, de Jacques
Anquetil ou dunha señora que engana o seu marido, remito á
persoa que lle fai esa pregunta ao seu xornal. Alí está todo. E
todo está alí xustaposto. É por iso que me atrae tanto a televisión.
Un xornal televisado feito de documentos moi coidados
sería algo extraordinario. E aínda mellor sería encarregar aos
directores dos diferentes xornais de faceren por quendas esos
xornais televisados.
É por iso que, mellor que falar de cinema ou de televisión
prefiro empregar os termos máis xerais de imaxes e sons.

L´Avant-Scène du Cinéma, nº 70, maio de 1967

Chuzame! chúzame -

Comentarios

Cidade, outubro no Cineclube de Compostela

Estetizada ou histerizada polo cinema, a cidade
muda nese retrouso de olladas que me fai señas.
O que non deixa de ter consecuencias en canto
ás representacións que podemos ter dunha cidade,
esta ou aquela; tampouco en canto á distancia
que o cinema crea entre cidade filmada e cidade
de experiencia vivida. (...) En tanto espectador,
o que me separa do ser humano da cidade (que
continúo a ser aínda que o poña entre paréntese
nunha sala de cinema) é o non aturar sinxelamente
a representación da indiferenza. O cinema precisa
dunha ollada que teña unha direción (un senso),
que dúas olladas non só se procuren, senón que
se crucen. Precisa amor, desexo, intensidade.
Cómpre daquela denantes de nada que a
indiferenza relativa do espectador, raramente
superada
a priori, sexa derrotada polo traballo do
filme, até mudar en contradición.


Jean Louis Comolli,
“A cidade filmada”

Chuzame! chúzame -

Comentarios

Cidade, outubro no Cineclube de Compostela

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/cartaz-outubro.jpg

Martes 3 de outubro ás 22:00
De nenos
(De nens, Joaquín Jordá,
Países Cataláns, 2004, 186’, V.O.S.G.)
Martes 10 de outubro ás 22:00
Dúas ou tres cousas que sei dela
(Deux ou trois choses que je sais d’elle,
Jean-Luc Godard, Francia, 1967, 90’, V.O.S.G.)
Mércores 18 de outubro ás 22:00
Amsterdam Global Village (1ª parte)
(Johan van der Keuken, Holanda,
1996, 130’, V.O.S.G.)
Mércores 25 de outubro ás 22:00
Amsterdam Global Village (2ª parte)
(Johan van der Keuken, Holanda,
1996, 115’, V.O.S.G.)

Chuzame! chúzame -

Comentarios

Next entries »