Doclisboa 2006 (I)

Outubro 25th, 2006 | by cineclubedecompostela |

 

A ver…
O venres pasado (20) comezou o IV Doclisboa 2006.
Hoxe andamos no medio e medio do festival e podemos tracexar as guías básicas que arman esta edición…

Marie-Pierre Duhamel Müller, directora do Cinéma du Réel de París, construíu a sección chave deste certame, «Mostrar traballo». Marrie-Pierre enceta o texto de presentación do catálogo do festival e cita: «O dominio da liberdade comeza onde o traballo determinado pola necesidade para» (Karl Marx). Xúntanse filmes «clásicos» da historia do cinema documental («Salesman», dos irmaos Maysles; «Harlan County, USA», de Barbara Kopple, proxectado polo cineclube en 2004); «fundadores» («Industrial Britain» de Robert J. Flaherty); a celebración dos traballadores da mina de «Entusiasmo» (D. Vertov, tamén en 2006 no cineclube); Godard («Seis por dous», «British Sounds») ou «Nosotros, los de allá», un filme que desfai. Fílmano tres mozas suecas (Charlotta Copcutt, Anna Weitz, Anna Klara Ahrén) na Bolivia de Potosí en 2005: as minas de prata son o destino turístico máis importante da cidade. Nunha das rexións máis pobres da América Latina, os excursionistas pagan por entrar na mina e tirar fotos dos operarios. «Non sei de certo que é o que veñen facer aquí» di o mineiro.
Na mesma sección, onte á tarde, se cadra o filme máis importante dos que se foron pasando: en «Wittstock, Wittstock» (1997), o alemán Volker Koepp aproveita o material que vén filmando dende 1974 sobre unha serie de mulleres empregadas na fábrica téxtil da vila. 1974-75, 1977-78, 1983-84. 1990. A fábrica, nacional, é privatizada de socato e as mulleres son o primeiro alvo. Nun ano están desempregadas. En 1996 o desemprego feminino da zona é do 90%.

Doutra banda a competición internacional, na que até agora foi «Terra Negra», do Ricardo Íscar (proxectada tamén este ano no cineclube), o máis destacado.

Quedan para posts vindeiros as «Historias mínimas. O documental xaponés contemporáneo», un ciclo que asenta ao redor do cineasta Makoto Satô («Vivir no río Agano», de 1992, é unha cousa conmovedora) e da Naomi Kawase, muller cineasta do íntimo, ben interesante, á que onte á noite lle pasaron dous filmes: «Embracing» (1992) e «Katatsumori» (1994).

Saúde.

 

rlc

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 Responses to “Doclisboa 2006 (I)”

  1. By d. on Out 26, 2006

    Citan hoxe en La Voz de Galicia a S.Beckett: «Cando a merda nos chega ao pescozo, só queda cantar». Polo que se mira, hai outros cinemas que non son o rebo enlatado a tres euros e medio o pase nin a parálise autorial dos teóricos cinematográficos do policentrismo capitalista.

    Odio España.

  2. By Aurelio on Out 26, 2006

    Falamos con Margarita de traermos o ciclo a Compostela, para o Teatro Principal ou para o CGAI. Marrie-Pierre (roxa insobornábel) concorda. Diante de Bieito Rubido caen os espellos todos. Se o cinema espanhol hexemónico risca a Historia do traballo, estes filmes han voltarlla no que poden e para sabermos a que hostias vén esa canción estática, impostada da Espanha.

    Apertas e ánimo

  3. By d. on Out 27, 2006

    Como dixo o camarada X.C.H.L., existe unha diferencia moral, amais da obviedade estética, entre filmar un combate de boxeo como Brian De Palma -Eastwood, tamén- e facelo como Van Der Keuken. Onde reside esa diferenza, estabelecela, sería unha acaída tarefa para unha crítica cinematográfica -cultural- política, de esquerdas.

    Entrementres,
    transformemos a tristeza en odio, que di o Fandiño.

Sorry, comments for this entry are closed at this time.