As nuvens são aqui…

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/kaurismaki.jpg

En 2002, Donald Rumsfeld, secretario de Estado dos EUA,
negáballe o visado ao cineasta Abbas Kiarostami
para asistir aos premios de cinema de Nova Iorque por mor da
súa nacionalidade. Ao fío, Aki Kaurismäki, nominado para o
mesmo galardón por Un home sen pasado, defendía o seu
amigo iraniano, “unha das mellores persoas do mundo”. Daba
conta de que non ía asistir á cerimonia de entrega de premios
e convidaba Rumsfeld a que “veña recoller cogomelos ao monte
comigo, a ver se acouga”.

***

Tirado da edición de hoxe de El País:

“O cineasta finlandés Aki Kaurismäki vén de rexeitar a candidatura
do seu último traballo As luces do bairro (Laitakaupungin valot)
para representar o seu país na selección dos candidatos ao Óscar
para o mellor filme de fala non inglesa. O realizador apuntou que a
súa decisión está motivada pola política exterior do presidente dos
EUA, George W. Bush. Posto que o filme foi escolmado polo
Instituto Finlandés do Cinema, o rexeitamento de Kaurismäki
supón que Finlandia fica sen opción a premio”.

***

Nós queremos ao Kaurismäki…

Chuzame! chúzame -

6 Comentarios »

  1. d. Said,

    outubro 19, 2006 @ 12:12 pm

    Aínda queda boa xente, hostia.

  2. . Said,

    outubro 20, 2006 @ 12:36 pm

    Si, pero lástima que los oscar no tengan que ver con Bush, con la guerra ni con la madre que los parió.

    También son ganas de llamar la atencion…

  3. satie Said,

    outubro 20, 2006 @ 12:49 pm

    Penso que non hai que rascar moito para conectar a industria cinematográfica estadounidense coa súa política exterior.

    Pero para rascar ben, este señor:
    Hennebelle, Guy:
    Los Cinemas nacionales contra el imperialismo de Hollywood : nuevas tendencias del cine mundial (1960-1975)

    E para darlle outra volta:
    Shohat, Ella / Robert Stam:
    MULTICULTURALISMO, CINE Y MEDIOS DE COMUNICACIÓN
    Crítica del pensamiento eurocéntrico
    Paidós

    http://dvdsking.com.br/imgs/00407.jpg

  4. harry lime Said,

    outubro 20, 2006 @ 4:15 pm

    Aaaaaaaah, como me gusta Boinas Verdes

  5. kissin Said,

    outubro 23, 2006 @ 1:09 am

    Significa iso que o Cineclube de Compostela está a organizar un convoi ao Midnight Sun Film Festival en apoio ao Kaurismäki?

  6. O Palacio da Luna Said,

    novembro 17, 2006 @ 2:45 pm

    …o fin vin esta quarta no CinEuropa a peli … e ,sinceramente , se Kaurismäki aceitaba ir os $oscar´s$ menuda decepción….

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Leave a Comment