Cidade, outubro no Cineclube de Compostela

Mércores 18 de outubro ás 22:00
Amsterdam Global Village (1ª parte)
(Johan van der Keuken, Holanda,
1996, 130’, V.O.S.G.)
Mércores 25 de outubro ás 22:00
Amsterdam Global Village (2ª parte)
(Johan van der Keuken, Holanda,
1996, 115’, V.O.S.G.)
***
O ciclo dedicado á cidade no Cineclube de Compostela segue o seu curso.
Nas dúas sesións vindeiras proxectaremos "Amsterdam Global Village",
do documentalista holandes Johan van der Keuken, herdeiro da sensibilidade
de Joris Ivens. Ao longo de dous anos, o cineasta percorreu Amsterdam coa
cámara ao ombreiro e acompañado pola súa muller, encargada do son.
E rematou por trascender a cidade das canles e acompañar a moitos dos
habitantes dese fervedoiro multicultural: participamos das tradicións familiares
dun boliviano casado cunha holandesa que volve ao altiplano, coñeceremos
a un oriental que practica o kickboxing, un checheno que volve ao
seu devastado país logo de ver o que acontece aló a través da CNN...
E un marroquino que reparte pizzas. A través das viaxes da súa moto,
siguen a entrecruzarse historias. (+)

Páxina web do Johan van der Keuken (+)
***
Lembrade que están ao voso dispor os textos do dossier que preparamos
para este mes en formato pdf premendo aquí. Nas proxeccións de Amsterdam
Global Village teremos tamén exemplares impresos.
chuzame -
marieta dixo,
Outubro 11, 2006 @ 2:57 pm
Bóas! Son nova nesta cidade e gostaría de saber ónde é que son proxectadas esas filmes. En Santa Clara? Non era na SalaYago?
Obrigada
Cineclube dixo,
Outubro 11, 2006 @ 3:06 pm
Exactamente: local social “o pichel”, Santa Clara, 21 1º. (Nos Iago proxectamos só durante o curso 2003-04). Apertas
Mario dixo,
Outubro 15, 2006 @ 2:22 am
Xente, moi boa a idea do blog, moito máis doado de consultar. Un saúdo.
Mario dixo,
Outubro 15, 2006 @ 2:25 am
PD: E acabo de reparar nos textos en pdf, un luxo. Agradécese.
cziffra dixo,
Outubro 17, 2006 @ 11:30 pm
Gorentosa escolma, graciñas por compartila :)
emepegues dixo,
Outubro 18, 2006 @ 5:30 pm
Hei, caralludo o novo deseño do blog. E tamén lle estades a meter caña coa actualización. Velaquí unha nova aventura, onde seguro que ides saír batantes veces: http://emepegues.blogaliza.org .
Saúde
música pirateable en galego » As Cidades do Cineclube dixo,
Outubro 19, 2006 @ 6:10 pm
[…] Xa é sabido que o Cineclube de Compostela ten en marcha o ciclo Cidades. Pero non contentes con ofrecer os seus filmes de balde (ben, preferiblemente pagando un abono-axuda de 1 €), veñen de subir á Rede o abraiante dossier do ciclo, que custa 1 € en papel (gratis para os socios) e que podedes descargar de balde aquí. Textos sobre as cidades de Michel de Certeau, Mike Davis, etc., e unha entrevista con David Harvey. Como remate, un texto de Jean-Luc Godard sobre a súa traxectoria. […]
Dan dixo,
Xuño 21, 2007 @ 7:47 am
Dan…
Let me disagree….