Arquivos de Outubro, 2006

Última proxección do Ciclo Cidade

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/kurosawa.jpg

Mércores 1 de novembro ás 22.00

Os canallas dormen en paz
(Warui yatsu hodo yoku nemuru,
Akira Kurosawa, Xapón, 140’, V.O.S.G.)

***

A programación do cineclube en Vieiros (+)

***
Lembrade que están ao voso dispor os textos do dossier que preparamos
para este mes en formato pdf premendo aquí. Nas proxeccións dos filmes
teremos tamén exemplares impresos.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Entrevista con Saskia Sassen

Saskia Sassen*
“A propiedade intelectual tal e como a coñecemos é insostíbel”

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/sassen.jpg

[Entrevista publicada no xornal arxentino Clarín o 11 de marzo de 2006]

Con preguntas e respostas provocadoras sobre o mundo de hoxe, a urbanista holandesa Saskia Sassen disertou no Foro Internacional sobre o Nexo entre Políticas e Ciencias Sociais. Ela defínese como unha mestura de "investigadora e activista política" e considera que as ciencias sociais deberían levar a súa ollada sobre as cidades porque nelas resúmese o impacto letal da globalización. As cidades, di Sassen, definen o perfil dos novos actores políticos e son a ponte entre o mundo e o Estado. É aló —sostén—, onde se poden implementar medidas para minguar o poder das multinacionais. Nesta entrevista fala da batalla contra a propiedade intelectual, unha consecuencia directa da economía global.

Héctor Pavón.- O libre acceso a contidos en Internet xerou debates arredor da propiedade intelectual dos coñecementos. Como se excede este cruzamento entre "propietarios" e "consumidores"?

Saskia Sassen.- Hai unha solución, mais non é coñecida e quen posúen propiedade intelectual non falan abondo dela: é a "creative common license". Trátase dunha licenza que me permite ter propiedade intelectual sen que necesariamente a miña editorial ou o meu selo discográfico poidan lucrarse con iso. A eles non lles gusta pero eu teño a propiedade e, se quero que me traduzan a 58 idiomas en editoriais pobres, ás que no lles quero cobrar dereitos, podo facelo. E por outra banda, hoxe pódense xulgar multinacionais de todo o mundo por violación dos dereitos do traballador nas súas operacións no exterior. É unha política global contra empresas estadounidenses e estranxeiras: hai unha xeografía xurisdiccional impresionante.

HP.- Ocorre o mesmo coas patentes farmacéuticas?

SS.- Os coñecementos indíxenas tornaron propiedade privada. No Ecuador teñen toda unha rede para se protexer, xa que foron sometidos moi seguido ao roubo das súas medicinas. As farmacéuticas están enxergando as lindes da plataforma sobre a que operan, que está baseada na propiedade intelectual privada e que como tal é insostíbel.

HP.- Tamén xorde o software libre para fastío de Microsoft...

SS.- Microsoft ofreceu dar a coñecer o código secreto do sistema Windows porque dexergou que a plataforma que tiña (de propiedade total na que había que pagar cada vez que se usaba un software) non era viábel e levouse a xuízo por monopolio. Microsoft aproveitou a oportunidade e abraiou a todos dicindo que ía revelar o código secreto. Isto provocou unha revolución. Mais eu sei por que: tarde ou cedo ían ter que facelo, porque era o único xeito no que podían continuar.

HP.- E as discográficas, que actitude cre que van tomar?

SS.- Aí hai algo interesante porque sábese que hai un abuso desa propiedade privada. A posibilidade de descargar música continúa. Entrementres as grandes empresas discográficas atacan e laian, estou certa de que teñen brillantes avogados e contadores que están a deseñar a vindeira plataforma. E unha das temáticas que xorde coa cuestión das novas tecnoloxías hoxe é que hai distintas plataformas e que mesmo as corporacións ás veces son como unha plataforma temporal onde se xuntan certos sectores e dous anos logo esa plataforma xa non existe.

HP.- Por outra banda, universidades coma o MIT publican na rede a bibliografía utilizada. Así, un podería cursar unha carreira enteira por Internet...

SS.- Exactamente. É unha nova plataforma. Agora sabemos que, se un pon un libro en rede, vai ter máis vendas do libro físico. Por iso trato que a miña editorial colla o meu novo libro e o poña en rede, coido que iso vai aumentar as vendas. Hai que ver a protección destes dereitos intelectuais privados como unha plataforma onde operar.

* Saskia Sassen (A Faia, 1949) é unha urbanista holandesa
que goza de gran sona académica internacional. É profesora
de urbanismo na Universidade de Columbia en Nova York.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

DocLisboa 2006 (II)

 

Os días van pasando e os filmes tamén aquí en Lisboa e xa se pode facer unha valoración máis ampla do festival (non que eu a vaia facer, pero poder pódese)..
O nivel xeral so festival é moi alto coido, e subindo.. co paso das xornadas.
Ao fío do que contaba rlc o outro día, coido tamén que a sesión máis consecuente etica e esteticamente é a dedicada ao traballo, con sesións memorábeis tanto pola calidade dos filmes, como pola dificultade do seu visionado ao norte do río Minho.
Fundamental semella o descubrimento de Vittorio De Seta, documentalista italiano que leva sesenta anos gravando os operarios do sur de italia no seu traballo cotiá, nas súas loitas.. O xoves puidemos ver Surfarara, un filme de dez minutos dobre os mineiros de Sicilia. Incríbel. O De Seta métese na mina, cos trabalhadores, tirando imaxes de gran beleza (desculpen o inofesivo deste adxetivo), mais será logo na mesa de montaxe onde o filme se artelle, cunha sucesión de planos bastante curtos, nos que crea unha certa sinfonía de imaxe e son, cunha banda sonora creada polo ruído dos apeiros de minería e as voces dos traballadores. Logo no medio da curta, sen avisar, o filme sae a superficie, ao pobo, polo día poboado sobre todo por mulheres, para logo voltar áo subsolo, acompanhado pola música siciliana, rematando o filme nunha caste comunión coletiva de homes mulheres e música popular siciliana. Non sei, é difícil de explicar, como todo…

Logo o ciclo permitiunos tamén recuperar o Godard máis incisivo e arriscado. “Six fois deux. Il y a personne”, primeira parte da serie para a tv do mesmo nome (composta en total por seis capítulos de cen min. de duracióncada un), é realmente sorprendente. A cámara sitúase na posición dun empresario (godard) que realiza varias entrevistas a demandantes (reais) de traballo, que cobran por aparecer no filme, mais están, de certo, no paro. A divisón de clases vira explícita..enfrontándonos como espectadores ao deshumanización das relacións laborais na sociedade capitalista (ou algo así). logo, unha mágoa, “Brittish Sounds” proxectouse sen subtítulos, co cal cal, o que escrebe apenas entendeu nada. Mais (isto si o enxerguei) o filme é comprometido cos procesos revolucionarios antiiperialistas dos últimso sesenta e primeiros setenta, criticando con lucidez agresiva os noticiarios da televisión capitalista e rematando cunha caste de arenga revolucionaria (ao xeito de Marin Karmitz en Camaradas), que nada nada semella ter de carauta ou aceno para a galería. O filme pertence ao grupo Dziga Vertov, e de certo que o mestre soviético (que non ruso) ficaría entusiasmado coa lección tirada por godard das teorías vertovianas.

Tamén cumpriría falar (mais se iso, outro día) da Naomi Kawase, da que vimos cinco documentarios que percorren a súa vida dende 1992 até hoxe. Os seus filmes posúen unha sensibilidade inusual, de xeito que a narración dos detalles máis íntimos da súa existencia (acto que, de partida, podería semellar un algo egocéntrico), achegan unha humanidade difícil de atopar nos filem de hoxe (e nos de onte tamén)

Tamén, xa por último, empezou outro miniciclo, dirixido por Pedro Costa, que se chama ficcións do real. Abrangue filmes de moi variada caste. Onte puidemos ver “Número Cero”, de Jean Eustache, filme interesantísimo de fins dos 60 que non saíu á luz até 2002, e que se compón exclusivamente dunha entrevista do autor coa súa avoa durante dúas horas. Tamén se proxectou un filme do dúo straub-huillet de 1969 titulado “Os ollos non queren fechar en todo o tempo ou Pode que un día Roma se permita escoller”, adaptación de “Othon” de Coneille, dirixida a un 2 % da poboación mundial (no melohr dos casos), porcentaxe na que non se atopa o que escrebe, así déixoo para algún outro

Máis nada, unha aperta dende Lisboa.

http://www.doclisboa.org/

Chuzame! chuzame -

Comentarios (2)

Doclisboa 2006 (I)

 

A ver...
O venres pasado (20) comezou o IV Doclisboa 2006.
Hoxe andamos no medio e medio do festival e podemos tracexar as guías básicas que arman esta edición...

Marie-Pierre Duhamel Müller, directora do Cinéma du Réel de París, construíu a sección chave deste certame, "Mostrar traballo". Marrie-Pierre enceta o texto de presentación do catálogo do festival e cita: "O dominio da liberdade comeza onde o traballo determinado pola necesidade para" (Karl Marx). Xúntanse filmes "clásicos" da historia do cinema documental ("Salesman", dos irmaos Maysles; "Harlan County, USA", de Barbara Kopple, proxectado polo cineclube en 2004); "fundadores" ("Industrial Britain" de Robert J. Flaherty); a celebración dos traballadores da mina de "Entusiasmo" (D. Vertov, tamén en 2006 no cineclube); Godard ("Seis por dous", "British Sounds") ou "Nosotros, los de allá", un filme que desfai. Fílmano tres mozas suecas (Charlotta Copcutt, Anna Weitz, Anna Klara Ahrén) na Bolivia de Potosí en 2005: as minas de prata son o destino turístico máis importante da cidade. Nunha das rexións máis pobres da América Latina, os excursionistas pagan por entrar na mina e tirar fotos dos operarios. "Non sei de certo que é o que veñen facer aquí" di o mineiro.
Na mesma sección, onte á tarde, se cadra o filme máis importante dos que se foron pasando: en "Wittstock, Wittstock" (1997), o alemán Volker Koepp aproveita o material que vén filmando dende 1974 sobre unha serie de mulleres empregadas na fábrica téxtil da vila. 1974-75, 1977-78, 1983-84. 1990. A fábrica, nacional, é privatizada de socato e as mulleres son o primeiro alvo. Nun ano están desempregadas. En 1996 o desemprego feminino da zona é do 90%.

Doutra banda a competición internacional, na que até agora foi "Terra Negra", do Ricardo Íscar (proxectada tamén este ano no cineclube), o máis destacado.

Quedan para posts vindeiros as "Historias mínimas. O documental xaponés contemporáneo", un ciclo que asenta ao redor do cineasta Makoto Satô ("Vivir no río Agano", de 1992, é unha cousa conmovedora) e da Naomi Kawase, muller cineasta do íntimo, ben interesante, á que onte á noite lle pasaron dous filmes: "Embracing" (1992) e "Katatsumori" (1994).

Saúde.

 

rlc

Chuzame! chuzame -

Comentarios (3)

A páxina agochada do cineclube

Hai uns anos fixemos unha web que nunca se chegou a actualizar e
publicitouse máis ben pouco, mais nela hai volcada bastante información
(seccións de directores e filmes), cartaces e outros materiais que
facíamos daquela (2003-2004)

http://cineclubecompostela.tripod.com/
http://cineclubecompostela.tripod.com/paxinas/directores.htm
http://cineclubecompostela.tripod.com/paxinas/cartaces.htm

pd. os que aló entren, desculpen a orxía publicitaria

Chuzame! chuzame -

Comentarios (2)

Últimas proxeccións do ciclo Cidade

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/amsterdam.jpg

Mércores 25 de outubro ás 22:00
Amsterdam Global Village (2ª parte)
(Johan van der Keuken, Holanda,
1996, 115’, V.O.S.G.)

***

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/kurosawa.jpg

Mércores 1 de novembro ás 22:00
Os canallas dormen en paz
(Warui yatsu hodo yoku nemuru,
Akira Kurosawa, Xapón, 140’, V.O.S.G.)

***

A programación do cineclube en Vieiros (+)

***
Lembrade que están ao voso dispor os textos do dossier que preparamos
para este mes en formato pdf premendo aquí. Nas proxeccións dos filmes
teremos tamén exemplares impresos.

Chuzame! chuzame -

Comentarios (1)

Programación para novembro

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/novembro.gif

Descarrega o
cartaz da programación pinchando aquí.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

As nuvens são aqui…

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/kaurismaki.jpg

En 2002, Donald Rumsfeld, secretario de Estado dos EUA,
negáballe o visado ao cineasta Abbas Kiarostami
para asistir aos premios de cinema de Nova Iorque por mor da
súa nacionalidade. Ao fío, Aki Kaurismäki, nominado para o
mesmo galardón por Un home sen pasado, defendía o seu
amigo iraniano, “unha das mellores persoas do mundo”. Daba
conta de que non ía asistir á cerimonia de entrega de premios
e convidaba Rumsfeld a que “veña recoller cogomelos ao monte
comigo, a ver se acouga”.

***

Tirado da edición de hoxe de El País:

“O cineasta finlandés Aki Kaurismäki vén de rexeitar a candidatura
do seu último traballo As luces do bairro (Laitakaupungin valot)
para representar o seu país na selección dos candidatos ao Óscar
para o mellor filme de fala non inglesa. O realizador apuntou que a
súa decisión está motivada pola política exterior do presidente dos
EUA, George W. Bush. Posto que o filme foi escolmado polo
Instituto Finlandés do Cinema, o rexeitamento de Kaurismäki
supón que Finlandia fica sen opción a premio”.

***

Nós queremos ao Kaurismäki…

Chuzame! chuzame -

Comentarios (6)

Cidade, outubro no Cineclube de Compostela

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/amsterdam.jpg

Mércores 18 de outubro ás 22:00
Amsterdam Global Village (1ª parte)
(Johan van der Keuken, Holanda,
1996, 130’, V.O.S.G.)
Mércores 25 de outubro ás 22:00
Amsterdam Global Village (2ª parte)
(Johan van der Keuken, Holanda,
1996, 115’, V.O.S.G.)

***

O ciclo dedicado á cidade no Cineclube de Compostela segue o seu curso.
Nas dúas sesións vindeiras proxectaremos "Amsterdam Global Village",
do documentalista holandes Johan van der Keuken, herdeiro da sensibilidade
de Joris Ivens. Ao longo de dous anos, o cineasta percorreu Amsterdam coa
cámara ao ombreiro e acompañado pola súa muller, encargada do son.
E rematou por trascender a cidade das canles e acompañar a moitos dos
habitantes dese fervedoiro multicultural: participamos das tradicións familiares
dun boliviano casado cunha holandesa que volve ao altiplano, coñeceremos
a un oriental que practica o kickboxing, un checheno que volve ao
seu devastado país logo de ver o que acontece aló a través da CNN...
E un marroquino que reparte pizzas. A través das viaxes da súa moto,
siguen a entrecruzarse historias. (+)

***

Páxina web do Johan van der Keuken (+)

***

Lembrade que están ao voso dispor os textos do dossier que preparamos
para este mes en formato pdf premendo aquí. Nas proxeccións de Amsterdam
Global Village
teremos tamén exemplares impresos.

Chuzame! chuzame -

Comentarios (8)

Cidade, outubro no Cineclube de Compostela

http://www.geocities.com/cineclube_compostela/jordalibros.jpg

Escolma de textos para o ciclo de Cinema e Cidade.
Escolma: Aurelio Castro
Traducións de Aurelio Castro e Daniel Salgado

Descarregar Dossier cidade (pdf, 800 k)

Chuzame! chuzame -

Comentarios (1)

« Anotacións acteriores