Festa 8º Aniversario

festa-09.indd

FESTA 8º ANIVERSARIO DO CINECLUBE

Sábado 4 de Xullo, ás 20.30 horas
Building a Broken Mousetrap, The Ex Live in New York
(Jem Cohen e Matt Boyd, EUA, 2004, VO, 63')

Sábado 4 de Xullo, ás 22.30 horas
Concertos (Entrada 5€):
MALANDRÓMEDA (Concerto especial cinema)
CU DE VASO
URRO

(podedes descargar o cartaz aquí)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Estrea mundial de Tanyaradzwa, ás 20:30

Tanyaradzwa (Tanyaradzwa, Alberte Pagán, Galiza, 2009, 186')

"Esta última peza continúa en certo xeito coa miña investigación arredor da narración oral. Como foi o conto, por exemplo, é pura oralidade, pois nela presento unha muller relatando unha historia nunha cea familiar sen introducir ningunha manipulación. Tamén é o caso de Bs. As, no que introduzo a imaxe e o son de xeito independente. En Tanyaradzwa continúo indagando sobre os procesos de oralidade, mais, ao contrario que en Bs As., cada declaración preséntase coa súa imaxe correspondente, sen manipulación algunha, con planos sostidos que chegan aos 12 minutos. Neste caso apetecíame respectar o seu tempo de narración cos silencios incluidos."

(Alberte Pagán, da entrevista de Xan G. Viñas que podedes ler completa en Vieiros)

Mércores 24 de Xuño, ás 20.30 horas
Tanyaradzwa
(Tanyaradzwa, Alberte Pagán, Galiza, 2009, VO, 186')
Estrea mundial. Coa presenza do director

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Mirar as imaxes

de Imaxes do mundo e a inscrición da guerra (Bilder der Welt und Inschrift des Krieges, Alemaña, 1988, 75')

"A idea principal é que é preciso recomezar, mirar as imaxes, tentar ver que significan, esculcar que poden engadir ao que xa sabemos, que pegadas podemos ler nelas. Que detalles da sociedade nos poden revelar de as mirarmos con atención. Trátase de como empezar de novo. "

(Harun Farocki, na entrevista que lle fixo Ramiro Ledo. Podedes lela completa en Xornal)

Mércores 17 de Xuño, ás 22.00 horas
Imaxes do mundo e a inscrición da guerra
(Bilder der Welt und Inschrift des Krieges, Alemaña, 1988, VOSE, 75')

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Cercar a imaxe

Harun Farocki (Fotografía de Tomás Montes)

"Se na afamada secuencia de Carta de Siberia (1957), na que Chris Marker utiliza tres comentarios sonoros diferentes sobre a mesma repetición consecutiva de tres planos de Yakoust (un autobús crúzase cun turismo, cinco operarios agachados traballan na calzada, peóns cruzan o plano de dereita a esquerda), podemos dicir que Marker expande a imaxe, en Adiamento, Harun Farocki procede, utilizando un mecanismo similar, a cercar a imaxe. Como un tirador que apunta non ao branco senón á diana."

(Ramiro Ledo, "Respite" , Blogs & Docs. Podedes ler a crítica completa en castelán aquí. Fotografía de Harun Farocki por Tomás Montes)

Mércores 10 de Xuño, ás 22.00 horas
Adiamento
(Aufschub [Respite], Harun Farocki, Alemaña / Corea do Sur, 2007, VOSG, 40')
Entrevista a Harun Farocki por Ramiro Ledo (15').

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Esquecer e lembrar

Plan Rosebud, de María Ruido

"Esquecer e lembrar son parte do proceso de permanente construción da memoria (…) convocar e escoitar as pantasmas, e descubrir entre as ruinas narracións menos ordenadas e compactas, máis difusas e orgánicas, que posibiliten outras historias."

(María Ruido)

Mércores 3 de Xuño, ás 20.30 horas
Plan Rosebud 2. Convocando as pantasmas
(María Ruido, Galiza, 2008, VO, 120')
Coa presenza da directora

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

A memoria como política institucional

Plan Rosebud, de María Ruido

"Nós partiamos da base de que as políticas da memoria nun estado coma o inglés, cun pasado democrático desenvolvido, serían extremadamente distintas ás do español, pero non o son tanto. Ao final, toda políticade memoria é unha política institucional".

(María Ruido, citado en "María Ruído analiza as políticas da memoria en 'Plan Rosebud'" o El País, 12-12-2008)

Martes 2 de Xuño, ás 20.30 horas
Plan Rosebud 1. A escena do crime
(María Ruido, Galiza, 2008, VO, 112')
Coa presenza da directora

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Xuño 2009

Cartaz de Xuño 2009

PROGRAMACIÓN XUÑO

Martes 2 de Xuño, ás 20.30 horas
Plan Rosebud 1. A escena do crime
(María Ruido, Galiza, 2008, VO, 112')
Coa presenza da directora

Mércores 3 de Xuño, ás 20.30 horas
Plan Rosebud 2. Convocando as pantasmas
(María Ruido, Galiza, 2008, VO, 120')
Coa presenza da directora

Mércores 10 de Xuño, ás 22.00 horas
Adiamento
(Aufschub [Respite], Harun Farocki, Alemaña / Corea do Sur, 2007, VOSE, 40')
Entrevista a Harun Farocki por Ramiro Ledo (15').

Mércores 17 de Xuño, ás 22.00 horas
Imaxes do mundo e a inscrición da guerra
(Bilder der Welt und Inschrift des Krieges, Harun Farocki, Alemaña, 1988, VOSE, 75')


Mércores 24 de Xuño, ás 20.30 horas
Tanyaradzwa
(Tanyaradzwa, Alberte Pagán, Galiza, 2009, VO, 186')
Estrea mundial. Coa presenza do director 

(podedes descargar o cartaz premendo aquí)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

A loita contra a forma

(Entrevista de Carlos Vásquez a Sergei Loznitsa para Blogs & Docs)

Mércores 27 de Maio ás 22:00:
Parada do tren
(Polustanok, Sergei Loznitsa, Rusia, 2000, VO sen diálogos, 25’)
Retratos
(Portret, Sergei Loznitsa, Rusia, 2002, VO sen diálogos, 28’)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

A diferenza

delits-flagrants-2-ddff7

"Filmar sempre dous tipos de corpos, heteroxéneos entre si: un que coñece as regras do xogo e outro que nunca atopa o seu sitio na función, que intenta estratexias diferentes, que é descuberto na súa falsidade e se retracta, ou que trata de resistirse ao procedemento, que entón continúa por riba del como unha apisoadora. Un "cine da crueldade", como o definido por Bazin: aquel en que o heteroxéneo se reúne nun mesmo plano (rexeitamento da "montaxe prohibida"), e onde esa reunión leva un perigo real para unha das dúas partes. A xustiza, tamén, como teatro, onde se trata de xogar uns roles da mellor forma posible. "Non a verdade, senón a verosimilitude", di un avogado no filme. Como sinalaba Serge Daney, Depardon como continuador de Balzac na posta en escena dunha "comedia humana". Ou, en palabras de Gonzalo de Lucas, unha sala de vistas como caixa de resonancia do conxunto do social, como nos di no texto de presentación da edición de Intermedio. Continúa Daney o texto: "Filmaraas [as institucións] como grandes corpos axitados por micro-movementos entre a mentira estrutural e a sinceridade do detalle". Unha afirmación que se invirte en Delitos flagrantes. Habería que dicir: a mentira do detalle, e a verdade da estrutura. A urxencia dunha verdade xudicial, que vai máis aló dos esforzos do individuo por impor a súa propia, sempre precaria."

(Iván G. Ambruñeiras, a propósito de Delitos flagrantes. Podedes ler o artigo completo en español en Blogs & Docs)

Mércores 20 de Maio ás 22:00:
Delitos flagrantes
(Délits flagrants, Raymond Depardon, Franza, 1994, VOSE, 108’)
(Presentada por Iván G. Ambruñeiras)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

A fábrica dentro da vida

Os Noivos (I fidanzati, Ermanno Olmi)

"A finais do século anterior e cara a segunda guerra mundial, na metade este século, o traballo incidira na vida privada dos homes. Chega con pensar na emigración, un fenómeno importantísimo, que no ultimo período contemplaba o desprazamento de grandes masas humanas. Aínda se mantiña a unidade familiar, porque a emigración era sobretodo un fenómeno de tipo rural, agrícola. A cultura do mundo rural resistiu aínda a primeira grande vaga da época industrial. Na posguerra, porén, a necesidade de acudir a lugares que ofreceran oportunidades laborais incidía no seo da familia, rompendo a unidade familiar. [...] En Os noivos, os dous eran mozos de vello, frecuentaban o mesmo barrio, vivían na mesma comunidade: no momento en que se lle presentan ao rapaz oportunidades para mellorar a súa posición na fábrica, el parte e non sabendo onde pór ao padre anciao, levao ao hospicio. Por iso a modificación da orde laboral repercute sobre a nosa vida privada"

(Ermanno Olmi, en Owens, Charlie: Ermanno Olmi. Roma: Gremese Editore, 2001, p. 41)

Mércores 13 de Maio ás 22:00:
Os noivos
(I fidanzati, Ermanno Olmi, Italia, 1963, VOSG, 73’)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

« entradas anteriores
eXTReMe Tracker